"O areeiro" e unha asociación sen ánimo de lucro que naceu polo ano 1993 pensando nas múltiples posibilidades que poderían ter as mulleres da zona rural, para poder reunirse, recibir cursos formativos e charlas de asesoramento, nun local que, neses momentos, non funcionaba xa como escola unitaria dende habia uns anos, e que pouco a pouco foron arranxando.
Nun primeiro momento, "O Areeiro", que recibe o nome en alusión á praia fluvial desta parroquia, fundouse con 48 socias, e a finales dese mesmo ano xa eran 70, e chegan a 110 na actualidade.

No seu local, reunense para asambleas de socias, reunions da directiva, dessenrolanse cursos de tapicería, manualidades, poda e xardineria, conservación de alimentos, restaruración de muebles, charlas culturales, informativas e de asesoramento, planificanse excursions e participacions nos distintos eventos culturais relacionados ca muller en colaboración cos organismos oficiais tanto do ayuntamiento como da deputación ou consellerías.
A asociación realizou actividades como:
- Cursos de: xardinería, tapicería e manualidades.
- Charla informativa impartida pola doctora en xenetica Raquel Cruz: "Organismos modificados xeneticamente"
- Charlas en El Corte Ingles: "Menopausia" e"Un jardin familiar".
- Visita a: "O Museo do Pobo Galego" .
- Xornadas de convivencia en: Panxón
- Excursións a: "O Porto" (Portugal), Ponteareas na fiesta do Corpus Cristi, Lourdes con outras asociacions.
- Visita ás "Piscinas do balneario de Cuntis".
- Visita ó mercado de Valença do Miño.
- Participación no décimo aniversario da Asociación de Mulleres rurais de Rois.
- Participación nos actos do Dia da Muller traballadora organizados en Padrón.
|