A primeira festa do ano en Carcacía é o antroido, que se celebra normalmente en Marzo.
Nesta festa, a xente mais animada da parroquia, xuntase para visitar toda-las aldeas de Carcacía e algunha de outras parroquias cercanas co fin de divertir ós veciños.
Carcacía conta con xente que sempre esta disposta a formar parte de calquera evento deste tipo.
Alguns compran os disfraces, outros alquilanos, e os mais mañosos, fanos eles mesmos.
O Antroido dura todo un fin de semana. A comparsa recorre a parroquia enteira dende a mañan á noite e os veciños das aldeas que se acercan a ver como a xente canta e baila, preparan unhas mesas con comida e bebida para que todos repoñan forzas.
Acompañando á comparsa, estan os "Generales" cos seus cabalos e botan os vivas ós veciños de cada aldea.
Un grupo de chavales preparaba todo-los anos un coche vello para ir anunciando polas distintas aldeas a chegada da comparsa...
...ata que un dia levaron un susto.



|