Alá polo
15 de Maio, no fin de semana mais cercano, celebrase a festa na honra a San
Isidro Labrador, patrón de Madrid, do que se dí
que viveu entre o 1070 e o 1130, unha
vida honrada e chea de traballo.
Dende hai moitos anos
esta festa ven sendo do estilo dunha romeria.
No 1987, uns cantos veciños,
propuxeronse facer algo co que dar a conocer Carcacía, e ocorreuselle construir unha sartén
de tamaño desmesurado, co fin de cociñar nela
a tortilla de patacas
mais grande do mundo. O invento foi un éxito.
Esa festa saiu en todo-los medios de comunicación, e ata fixo que Carcacia figure
no "Libro Guiness de los records". Dende aquel ano vense
celebrando a tortilla xigante á que acuden miles de persoas de todas
partes. |